pandereteiras's profile"TARAMBAINAS" (panderete...PhotosBlogListsMore Tools Help

"TARAMBAINAS" (pandereteiras)

pandereteiras tarambainas

Occupation
Location
TLF: 639524613 (Tamara)
Photo 1 of 1
9/6/2008

SERÁN 2008

III SERÁN DAS "TARAMBAINAS"
 
Querid@s amig@s:
Un ano máis as Tarambainas estamos traballando na organización do que será xa o noso 3º serán, a cita será o vindeiro sábado 13 de setembro a partir das 21.30h na AVCD de Lavadores, (Ramón Nieto, 302), pretiño do antigo cuartel de Barreiro.
Está previsto que se realice na pista polideportiva pero non vos preocupedes se chove, xa que teremos o salón principal da asociación habilitado para o que poida pasar.
Esperámosvos a todos con moitas ganas de festa... ¡¡¡NON FALTEDES!!!
 
Un saúdo
'TARAMBAINAS'

 
cartel_seran_2008
4/15/2008

"MENIÑAS" 1ºPREMIO NO CONCURSO DA A.X.XIRADELA 2008

Despois de moito tempo sen actualizar (cousa que trataremos de arranxar nestes días e colgar todo o atrasado), queremos hoxe felicitar as nosas "Meniñas" xa que este domingo en Arteixo conseguiron o 1ºPremio na súa categoría, felicitar tamén as novas incorporacións do grupo que na súa primeira actuación oficial souberon estar perfectamente á altura das circunstancias e o fixeron moi pero que moi ben (nunhas horas poderedes ver o vídeo en Youtube), os nosos parabens ás cinco e seguide con esa ilusión e esas ganas!!!! 
Sen esquecernos das Tarambainas maiores por suposto, que tamén fixeron unha fermosa actuación, nesta vez os nervios lles xogaron unha mala pasada e aínda así non saíu nada mal, pero de seguro que para a próxima saíra moito mellor xa veredes.
 
Un biquiño a todas e a seguir traballando duro!!!
 
 
concurso 2008
 
9/5/2007

SERÁN 2007

SERÁN DAS TARAMBAINAS 2007
 
Xa queda pouco, a cita será o vindeiro sábado día 15 de setembro, na AA.VV de Lavadores a partir das 21.30h, alí nos xuntaremos todos con moitas ganas de pasalo ben, haberá chourizos, viño, chocolate, moitas sorpresas... pero o máis importante... esperamos ter MOITA MÚSICA E MOITOS BAILADORES así que xa sabedes: collede instrumentos e calzado cómodo e non o dubidedes, estas neniñas vos esperan con moita ilusión, PASARÉMOLO EN GRANDE!!!
 
PD: E xa sabedes se fai bo tempo reunirémonos na pista polideportiva, pero se chove teremos preparado o salón principal da asociación así que HABERÁ FESTA SEGURO!!! 
6/21/2007

SAN XOÁN 2007

O vindeiro sábado 23 as Tarambainas andaremos ben atareadas:
 
A partir das 18.00h na AAVV de Lavadores celebraremos o fin de actividades do presente curso onde participarán xunto cos compañeiros doutras actividades toda  a escola e o grupo de pandereteiras mostrando o aprendido neste curso.
 
A continuación a partir das 21.00h e na mesma asociación con motivo da celebración de San Xoán mentres se reparten sardiñas para tódolos asistentes amenizaremos a festa xunto coa escola de gaitas da asociación e a escola de pandereteiras RUEIRO.
 
Finalmente para rematar o día non podería faltar a fogueira, e alí estaremos as Tarambainas, esta vez cos nosos amigos do Casco Vello sobre as 23.15h da noite no berbés con moitas ganas de cantar, bailar e sobretodo de pasalo ben nesta noite máxica.
 
Así que xa sabedes animádevos, esperamos vervos ese día.
Un saúdo
4/23/2007

Concurso Xiradela 2007 (Arteixo)

Por fin chegou o gran día... un concurso que probablemente non esqueceremos...
Comezabamos o día as 6.45 da mañá na Asociación, partiamos cara Arteixo, chegamos e fomos a tomar algo rapidiño...chegaba a hora... íamos ESTREAR OS TRAXES para os cales tanto levábamos traballado...os nervios xa se notaban no ambiente...que ghuapísimas...
Decidiramos participar en dúas categorías...e xa nos tocaba entrar xa que as pequeniñas que actuarían por primeira vez baixo o nome de  "Meniñas" do grupo de pandereteiras Tarambainas abrían o concurso así que rapidamente nos chamaron para entrar...cada vez máis nerviosas...e chegaba a hora para as primeiras...Ribeirana de Pazos e Xota de Toutón (esperamos poder colgar o vídeo pronto)...3.30min aproximadamente... e por fin...unhas xa máis aliviadiñas (parecía que non houbera ningún erro grave e todo saíra ben)...menudo peso nos quitábamos de enriba...Agora tocáballe esperar un pouquiño ás demáis...volvían os nervios...nesta ocasión as Tarambainas interpretaban Xota e muiñeira de Liñares (tamén trataremos de colgar este vídeo)...tampouco salía nada mal... xa tiñamos a recompensa daquelas horas de ensaio soamente vendo aquelas caras de felicidade no esceario poñénseme os pelos coma escarpias ó recordalo...traballo feito...e bastante ben polo que parecía... agora xa máis relaxadiñas esperábamos a que acabara o concurso e aínda puidemos disfrutar dalgún grupo mentras tanto....Chegaba a hora da deliberación do xurado e seguidamente a entrega de premios...3ºPREMIO: "Meniñas" do grupo de pandereteiras Tarambainas...¡Que alegría! para moitos grupos pode tratarse dun premio máis pero para nós era o primeiro...non sabería describir ese momento...foi tan especial...polas nosas cabezas empezaban a pasar imaxes de tantos momentos e en tan pouco tempo...dos primeiros ensaios (para algunhas fai xa 2 anos), de actuacións, festas, broncas, esforzos, alegrías...e te das conta de que valoran ese traballo... non sei foi un momento moi moi especial e creo que inesquecible...
¡¡¡Home está claro que aínda queda moito por traballar e que esto é un empuxe para mostrarnos que vale a pena darlle caña e sobretodo disfrutar estamos comezando e espero que sigamos con esta ilusión e esas ganas e ese afán por mellorar e pasalo ben que tiñamos ata agora!!!
¡¡¡As que esta vez non levaron premio só dicirlles que a fermosa actuación que fixeron foi o mellor premio a esas horas de traballo que elas ben saben, moito ánimo e outra vez será!!!
 
Moitos bicos para tódalas miñas neniñas
 
Tamara