More servicesWindows Live
HomeHotmailSpacesOneCare
 
MSN
Sign in
 
 
Spaces home  "TARAMBAINAS" (panderete...PhotosProfileFriendsBlog Tools Explore the Spaces community

Blog

4/15/2008

"MENIÑAS" 1ºPREMIO NO CONCURSO DA A.X.XIRADELA 2008

Despois de moito tempo sen actualizar (cousa que trataremos de arranxar nestes días e colgar todo o atrasado), queremos hoxe felicitar as nosas "Meniñas" xa que este domingo en Arteixo conseguiron o 1ºPremio na súa categoría, felicitar tamén as novas incorporacións do grupo que na súa primeira actuación oficial souberon estar perfectamente á altura das circunstancias e o fixeron moi pero que moi ben (nunhas horas poderedes ver o vídeo en Youtube), os nosos parabens ás cinco e seguide con esa ilusión e esas ganas!!!! 
Sen esquecernos das Tarambainas maiores por suposto, que tamén fixeron unha fermosa actuación, nesta vez os nervios lles xogaron unha mala pasada e aínda así non saíu nada mal, pero de seguro que para a próxima saíra moito mellor xa veredes.
 
Un biquiño a todas e a seguir traballando duro!!!
 
 
concurso 2008
 
9/5/2007

SERÁN 2007

SERÁN DAS TARAMBAINAS 2007
 
Xa queda pouco, a cita será o vindeiro sábado día 15 de setembro, na AA.VV de Lavadores a partir das 21.30h, alí nos xuntaremos todos con moitas ganas de pasalo ben, haberá chourizos, viño, chocolate, moitas sorpresas... pero o máis importante... esperamos ter MOITA MÚSICA E MOITOS BAILADORES así que xa sabedes: collede instrumentos e calzado cómodo e non o dubidedes, estas neniñas vos esperan con moita ilusión, PASARÉMOLO EN GRANDE!!!
 
PD: E xa sabedes se fai bo tempo reunirémonos na pista polideportiva, pero se chove teremos preparado o salón principal da asociación así que HABERÁ FESTA SEGURO!!! 
6/21/2007

SAN XOÁN 2007

O vindeiro sábado 23 as Tarambainas andaremos ben atareadas:
 
A partir das 18.00h na AAVV de Lavadores celebraremos o fin de actividades do presente curso onde participarán xunto cos compañeiros doutras actividades toda  a escola e o grupo de pandereteiras mostrando o aprendido neste curso.
 
A continuación a partir das 21.00h e na mesma asociación con motivo da celebración de San Xoán mentres se reparten sardiñas para tódolos asistentes amenizaremos a festa xunto coa escola de gaitas da asociación e a escola de pandereteiras RUEIRO.
 
Finalmente para rematar o día non podería faltar a fogueira, e alí estaremos as Tarambainas, esta vez cos nosos amigos do Casco Vello sobre as 23.15h da noite no berbés con moitas ganas de cantar, bailar e sobretodo de pasalo ben nesta noite máxica.
 
Así que xa sabedes animádevos, esperamos vervos ese día.
Un saúdo
4/23/2007

Concurso Xiradela 2007 (Arteixo)

Por fin chegou o gran día... un concurso que probablemente non esqueceremos...
Comezabamos o día as 6.45 da mañá na Asociación, partiamos cara Arteixo, chegamos e fomos a tomar algo rapidiño...chegaba a hora... íamos ESTREAR OS TRAXES para os cales tanto levábamos traballado...os nervios xa se notaban no ambiente...que ghuapísimas...
Decidiramos participar en dúas categorías...e xa nos tocaba entrar xa que as pequeniñas que actuarían por primeira vez baixo o nome de  "Meniñas" do grupo de pandereteiras Tarambainas abrían o concurso así que rapidamente nos chamaron para entrar...cada vez máis nerviosas...e chegaba a hora para as primeiras...Ribeirana de Pazos e Xota de Toutón (esperamos poder colgar o vídeo pronto)...3.30min aproximadamente... e por fin...unhas xa máis aliviadiñas (parecía que non houbera ningún erro grave e todo saíra ben)...menudo peso nos quitábamos de enriba...Agora tocáballe esperar un pouquiño ás demáis...volvían os nervios...nesta ocasión as Tarambainas interpretaban Xota e muiñeira de Liñares (tamén trataremos de colgar este vídeo)...tampouco salía nada mal... xa tiñamos a recompensa daquelas horas de ensaio soamente vendo aquelas caras de felicidade no esceario poñénseme os pelos coma escarpias ó recordalo...traballo feito...e bastante ben polo que parecía... agora xa máis relaxadiñas esperábamos a que acabara o concurso e aínda puidemos disfrutar dalgún grupo mentras tanto....Chegaba a hora da deliberación do xurado e seguidamente a entrega de premios...3ºPREMIO: "Meniñas" do grupo de pandereteiras Tarambainas...¡Que alegría! para moitos grupos pode tratarse dun premio máis pero para nós era o primeiro...non sabería describir ese momento...foi tan especial...polas nosas cabezas empezaban a pasar imaxes de tantos momentos e en tan pouco tempo...dos primeiros ensaios (para algunhas fai xa 2 anos), de actuacións, festas, broncas, esforzos, alegrías...e te das conta de que valoran ese traballo... non sei foi un momento moi moi especial e creo que inesquecible...
¡¡¡Home está claro que aínda queda moito por traballar e que esto é un empuxe para mostrarnos que vale a pena darlle caña e sobretodo disfrutar estamos comezando e espero que sigamos con esta ilusión e esas ganas e ese afán por mellorar e pasalo ben que tiñamos ata agora!!!
¡¡¡As que esta vez non levaron premio só dicirlles que a fermosa actuación que fixeron foi o mellor premio a esas horas de traballo que elas ben saben, moito ánimo e outra vez será!!!
 
Moitos bicos para tódalas miñas neniñas
 
Tamara
 
4/22/2007

¿Por onde comezamos?

Ola!! ¡Aquí estamos de novo! A verdade é que levamos tempo sen colgar nada por aquí e non foron poucas as cousas que fixemos... trataremos de resumilas un pouquiño:
 
-Despois da Arribada chegou a festa da Reconquista e este ano montamos un posto...estivo xenial...e non`perdemos nin un minuto da festa...nunca bailamos e tocamos tanto coma esa fin de semana, a organización estivo xenial e aínda que foron 2 días de moito traballo pagou a pena por todo o que disfrutamos.
 
-Mentres preparábamos as cousas da reconquista as nais tiñan traballo por duplicado xa que se achegaba a data para estrear os traxes que tanto tempo levábamos esperando (propuxémonos estrealos en Arteixo, e xa quedaba pouco) así que esas semaniñas tamén andivemos por Vilagarcía e Santiago buscando complementos... e as agullas queimaban...
 
-Comezaba tamén a Semana Santa e este ano decidimos que nos marchabamos todos xuntiños de camping ademáis así aproveitabamos un pouquichiño para ensaiar que o concurso de Arteixo xa chegaba e con tanto lío o tempo non nos sobraba....e alí marchamos... a Pobra do caramiñal...uns días para non esquecer...houbo de todo...praia, deportes, descanso, ensaios, xogos, festas, concursos, ligoteos jejeje
 
-Entre todo isto tamén asistimos algunhas festas e seráns e aproveitamos para disculparnos por non estar nalgúns ós que estábamos invitadas pero a verdade é que nos foi imposible esperamos poder estar alí para a próxima!
 
Xa podedes ver algunhas fotos de toda esta tempada e algunhas aínda a estamos recuperando, prometemos tentar de poñer a páxina ó día
 
Un saúdo
3/8/2007

DÍA DA MULLER

Hoxe celebramos o día da muller na Asociación de Lavadores, xuntámonos un montón de mulleres no salón de actos e alí as nenas de ximnasia rítmica, a profesora de piano e a escola de pandereteiras case ó completo intercalamos varias actuacións con textos adicados á muller interpretados polas mesmas nenas, foi moi emotivo, e antes de rematar sorteamos 10 bonos do Talaso (non vos imaxinades que alegría para as premiadas jejeje) e para dar a festa por finalizada reparttimos rosca e café para todas as alí presentes, a verdade que o balance foi bastante bo, eso sí, esperamos que troquen un pouco as cousas e non sexa necesario manifestarnos máis anos polo mesmo tema, senón que esta xuntanza se deba a un día de festa.

FESTA DA ARRIBADA

ARRIBADA 2007
 
O pasado sábado despois do ensaio xuntámonos todos na Festa da Arribada por suposto coas pandeiretas no regazo, levámolas simplemente por se se presentaba a ocasión e cantábamos algo... ¡MENUDA FESTA! ¡¡¡Facía tempo que non cantabamos tanto!!! ¡¡¡¡e bailamos....(por suposto grazas ós encantadores gaiteiros ós que esperamos atopar en moitas festas máis)!!! pasámolo.... espero que pronto teñamos as fotos para que vos fagades unha idea jejeje. Esperamos que a Reconquista sexa todavía mellor, e que ademais contemos tamén con vós...
Un saudiño
3/7/2007

Novas datas de seráns

MÁIS DATAS DE SERÁNS:
 
Sábado 17 marzo: Serán en Borreiros (Gondomar)
Xoves 22 marzo: Foliada-Serán na Sala Fábrica de Chocolate (Vigo)

Sábado 7 abril: Serán en Fozara (Ponteareas)


2/13/2007

Actuación das TARAMBAINAS

SÁBADO 17 A PARTIR DAS 22h
O vindeiro sábado 17 de Febreiro as TARAMBAINAS actuarán no antigo restaurante FAI BISTÉS na  C/Real, 7 no Casco  Vello (Vigo), a partir das 22h se aínda estades pensando que facer esa noite non o dubidedes máis, esperámosvos alí. Seguro que entre todos pasamos unha noitiña agradable.
Un saúdo
2/4/2007

Unha morea de SERÁNS...

UNHA MOREA DE SERÁNS...
 
Non nos podemos queixar, nas vindeiras semanas temos festa de abondo...
 
Sábado 10/2/07: Serán dos Namorados en Toutón (Mondariz)
 
Sábado 17/2/07: Serán en Gargamala - Mourelle (Mondariz)
 
Sábado 24/2/07: Serán en San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes)
 
Sábado 3/3/07: Serán en Santiago de Oliveira (Ponteareas)
 
Así que xa sabedes, preparádevos.
Un saúdo
2/3/2007

SERÁN EN TOUTÓN

SERÁN EN TOUTÓN
 
Aínda que supoñemos que xa todos estaredes enterados, imos deixar aviso non vaia ser...
O próximo SÁBADO DÍA 10 temos todos cita obligada en TOUTÓN, xa sabedes vémonos alí con moitas ganas de pasalo ben. 
12/25/2006

CELEBRANDO O NADAL

CELEBRANDO O NADAL
 
O pasado día 22 de decembro, a escola de pandeireta da asociación saíu a rúa co fin de facer disfrutar e felicitar as festas a todos os alí presentes. Actuamos na Praza da Independencia  e polo que parecía foi todo un éxito a pesar do frío nin nenos  nin maiores nos quitaban o ollo de enriba e ninguén marchou ata que rematamos tocando todos xuntos un canto de nadal, podedes ver xa aquí algunha foto dese día, un saúdo e FELICES FESTAS A TODOS.
11/28/2006

SERÁN EN REGO DO VARGO

SERÁN EN REGO DO VARGO (PONTECALDELAS)
 
O vindeiro sábado día 9 de decembro a partir das 9 da noite espérannos a todos, polo que nos dixeron vai ser unha boa festa así que xa sabedes non faltedes.
11/16/2006

FIADA EN VILA DE SUSO

FIADA EN VILA DE SUSO
 
Este sábado día 18 de Novembro xuntarémonos todos en VILA DE SUSO a partir das 21h con moitas ganas de pasalo ben así que xa sabedes non podedes faltar, vai ser unha gran fiada. Para calquera cousa podedes poñervos en contacto coa organización no teléfono 986361540 (Martina)
11/2/2006

¡¡¡XA TEMOS AS FOTOS DO SERÁN!!!

 
¡¡¡XA TEMOS AS FOTOS DO SERÁN!!! 
 
 
¡Por fin! xa podemos dicir que o balance deste primeiro serán foi moi bo, todo saíu estupendamente, xuntámonos un montón de xente, bailamos, tocamos, comemos...non faltou de nada e polo que parece a xente marchou moi contenta, esperamos que o próximo sexa igual ou mellor que este xa que tanto traballo valeu a pena con estes resultados, aproveitamos para dar as grazas ós nosos pais xa que rcorreron un montón de sitios e traballaron horas e horas só a cambio de vernos disfrutar deste día. Aproveitamos tamén para agradecer a tódolos establecementos colaboradores xa que sen eles tampouco sería posible. GRAZAS A TODOS.
8/15/2006

I SERÁN DAS TARAMBAINAS

Tarambainas (PANDERETEIRAS)

 
Ola a todos, o vindeiro 16 de setembro o grupo de pandereteiras "Tarambainas"  imos a celebrar o noso primeiro serán, a partir das 21.30h na Asociación de veciños de Lavadores (Avda Ramón Nieto, 302) se o bo tempo nos acompaña xuntarémonos na pista polideportiva da asociación pero estaremos tamén preparados para o mal tempo cun escenario e espacio suficiente no salón principal da asociación. Ademáis de intentar traer a xente de tódalas idades e ata que o corpo aguante, realizaremos sorteos e contaremos tamén con viño, chourizos...e unha grandísima chocolatada, todo esto e máis o que poida caer de sorpresa totalmente gratuíto, contamos con todos vós para entre todos amenizar a festa e pasar unha noite do máis agradable, xa sabedes todos estades convidados, esperámosvos.

 

 
 
 
6/8/2006

A NOSA HISTORIA

A NOSA HISTORIA 

A principios do 2005 un grupiño de 6 nenas comezan a cantaruxear cancións populares que lles ensinaba unha compañeira maior do seu grupo de baile. Pouco a pouco esas nenas foron tomando o canto e a pandeireta con máis interés e seriedade decidindo formar un grupo. En outubro dese ano, co novo curso, deciden, xunto a que se convertirá na súa profesora de canto e pandeireta, que deben ter un nome; despois de moitas opcións, nacen "As Tarambainas".

 

Agora o grupo ensaia nas instalacións da Asociación de Veciños de Lavadores baixo a dirección de Tamara Costas. Paralelamente ó grupo, nace a escola de canto e pandeireta cun total de 25 compoñentes: 13 nenas de entre 4 e 14 anos e 12 adultos.

 

Dende entón  participan en numerosas festas, certames e festivais...